Federación Galega de Balonmán
11/28/2018 20:34

Chapela, sede da sesión preparatoria da preselección cadete masculina

Chapela acollerá a sesión de traballo da preselección galega cadete masculina, que se celebrará o día 2 de decembro ás 18:00 horas no  pavillón municipal. Este adestramento forma parte da preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Look
Federación Galega de Balonmán
11/14/2018 12:38

Adestramento da preselección galega cadete masculina en Redondela

A preselección galega cadete masculina tamén continúa co traballo de preparación cara ao Campionato de España. Desta forma, terán unha sesión de traballo o domingo 18 de novembro, ás 18:30 horas, no Pavillón Municipal de Redondela (“Bombonera”). Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Look
Federación Galega de Balonmán
08/05/2018 18:19

VEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO

Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España. Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
06/03/2017 20:54

Seis do Nadal, cuarto no Campionato de España Cadete Masculino

O Seis do Nadal caeu hoxe na loita pola terceira posición do Campionato de España Cadete Masculino ante o Barcelona Lassa e rematou así nunha digna cuarta posición.. O conxunto vigués aguantou a ritmo durante a primeira metade, pero se desfondou na segunda, despois do tremendo esforzo realizado durante o Campionato, no que logrou meterse nas semifinais xunto a tres conxuntos cataláns.   Noraboa para toda a familia do Seis do Nadal!  

Look
Federación Galega de Balonmán
06/02/2017 20:14

Seis do Nadal, na semifinal do Campionato de España Cadete Masculino

O Seis do Nadal deu a sorpresa e logrou clasificarse para a semifinal do Campionato de España Cadete Masculino, tras lograr o empate contra o Barcelona Lassa A. O conxunto vigués, trala victoria da segunda xornada, chegaba con opcións a este último partido e non as desaproveitou. E máis, despois de saber que o Barcelona B perdera o partido contra o Córdoba. Desta forma, un empate podería servir aos galegos, que non desaproveitaron a opción e finalmente lograron un empate (29-29). A semifinal será mañá contra o Granollers. Noraboa equipo!!!!

Look
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.