Federación Galega de Balonmán
06/19/2019 19:03

Balonmán de Preto: Vanesa Pérez

Vanesa Pérez (xogadora e árbitra) descubriu a súa verdadeira paixón no balonmán praia, onde acadou a internacionalidade en 2008. A viguesa asegura que na praia hai un ambiente diferente e que @s á[email protected] séntense tamén parte do espectáculo. Queres coñecela mellor? Vanesa Pérez, a xefa da praia.

Look
Federación Galega de Balonmán
06/12/2019 12:20

YAIZA ALONSO, CONVOCADA COAS GUERREIRAS PROMESAS

Yaiza Alonso (Gráficas Lasa Carballal) foi convocada coa selección española promesa para a disputa dun triple encontro contra a selección de Romania. A Área Técnica da Real Federación Española de Balonmán comunicou a convocatoria do seleccionador nacional Pablo Perea para unha cita que terá lugar en Valladolid e Bucarest do 30 de xuño ao 8 de xullo. Antes de viaxar ata Bucarest e xogar os respectivos partidos contra a selección rumana, as Guerreiras Promesas realizarán unhas xornadas de preparación na Residencia Xuvenil e Deportiva… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
05/27/2019 21:13

GRAN PECHE DE TEMPADA PARA O BALONMÁN OURENSÁN

O balonmán ourensán disputou as finais da Copa Deputación, comezando pola mañá co turno para os prebenxamíns, benxamins e alevins, que se deron cita no pavilllón O Consello para demostrar que o futuro está garantizado. No pavillón de Maquiáns os infantís femininos e masculinos  amosaron o seu gran nivel disfrutando tamén de grandes partidos. Estas foron as clasificacións finais dunha  mañá de balonmán de calidade e convivencia entre o futuro ourensán de noso deporte: PREBENXAMIN MIXTO 1° BM VC Ribeiro REBUSCA 46 "A" 2° BM… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
05/27/2019 10:33

OS DÍAS 7 E 8 DE XUÑO, CURSO DE Á[email protected] PARA BM PRAIA EN VIGO

A Casa do Deporte en Vigo acollerá os días 7 e 8 de xuño un curso de formación para árbitras e árbitros no eido do Balonmán Praia.  As inscripcións deberanse realizar no seguinte enderezo: [email protected] e cun prezo de 20€. Faráselle entrega aos participantes dun regulamento acompañado dunha tarxeta, silbato, camiseta e gorra. Podes inscribirte ata o día 4 de xuño. Os horarios de impartición do curso serán: 7 de xuño - 16:00 a 21:00h 8 de xuño - 9:30 a 14:30 e 16:00 a 21:00h Animádevos! 

Look
Federación Galega de Balonmán
05/27/2019 10:07

AD CARBALLAL INFANTIL FEMININO, ENTRE OS 8 MELLORES DE ESPAÑA

Esta fin de semana as viguesas do AD Carballal conseguiron, seguindo a estela do conxunto xuvenil, clasificarse para a fase final do campionato de España infantil feminino, que reúne aos oito mellores conxuntos da categoría. Comezaban este xoves cunha doada vitoria fronte ao Centro Deportivo Vallecas. Tras a xornada de descanso na primeira fase do grupo I, o sábado, as galegas acadaban o pase á final do domingo cun contundente 27:18 fronte ao Uribe Urduliz Eskubaloia.  Onte, co Pavillón do Loureiro como testemuña, as anfitrioas convertíanse… See more

Look
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.