Federación Galega de Balonmán
06/16/2019 18:31

ZAS MASCULINO E VEBA WATERFUKERS FEMININO, CAMPIÓNS SÉNIOR DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

ZAS masculino e Veba WaterFuckers feminino proclamáronse hoxe campións sénior do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, na que participaron un total de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina). Na categoría sénior masculina acadou o triunfo o ZAS de Vigo, tras superar na final nos shoot out  a un dos grandes favoritos, o PTV Handstrand, que comezou gañando o primeiro set. Pero o ZAS remontou e venceu nun axustadísimo segundo… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
08/05/2018 18:19

VEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO

Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España. Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara… See more

Look
Federación Galega de Balonmán
07/06/2018 16:58

As seleccións galegas xuvenís de balonmán praia, no primeiro Campionato de España

Galicia participará esta fin de semana no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Xuvenís de Balonmán Praia, que se celebrará en Getafe. A selección galega xuvenil masculina enfrontarase no Campionato de España ás seleccións de Madrid, Murcia e Cantabria. Sen ningunha dúbida, os madrileños parten como favoritos de grupo, non só por ser os locais, senón por ter varios xogadores no equipo nacional. No outro grupo atópanse os equipos de Cataluña, Castela a Mancha, Asturias e Aragón. Aquí, os cataláns parecen os … See more

Look
Federación Galega de Balonmán
07/06/2018 08:37

Esta fin de semana, Torneo Concello de Marín de balonmán praia

Esta fin de semana celebrarase na praia de Loira o Torneo Marín Arena 500, de balonmán praia, que pertence ao circuíto nacional e é puntuabel para o Campionato Galego 2018. Neste torneo participarán un total de 46 equipos das categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculino e feminino). Unha nova oportunidade para gozar con este grande espectáculo! Nos documentos adxuntos tedes os grupos e o calendario de toda a fin de semana.

Look
0 Like

Like
Federación Galega de Balonmán
06/07/2018 18:02

Esta fin de semana comeza o Campionato Galego de Balonmán Praia co torneo Cidade de Vigo

Esta fin de semana (do 8 ao 10 de xuño) comeza a oitava edición do Campionato Galego de Balonmán Praia coa celebración do Torneo Cidade de Vigo na praia de Samil. Serán tres días de competición con preto de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia. Así neste primeiro torneo competirán as dous campións galegos sénior do pasado ano, o PTV HandStramd e o Veba Waterfuckers. Será a primeira proba do campionato… See more

Look
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.