Federación Galega de Balonmán
05/29/2019 at 17:16
Head

AD Carballal, Diario de Pontevedra, Víctor García `Pillo´ e Deputación de Pontevedra, Premios Nacionais 2019

A Real Federación Española de Balonmán deu a coñecer no día de hoxe o listado dos Premios Nacionais 2019 e entre eles atópanse, en representación do balonmán galego, a AD Carballal, o Diario de Pontevedra, Víctor García `Pillo´ e a Deputación Provincial de Pontevedra. A entrega dos premios terá lugar o día 15 de xuño en Oropesa do Mar.

Na categoría de clubs, a Asociación Deportiva Carballal recibirá a placa ao mérito deportivo; mentres que en adestradores Víctor García Borrás "Pillo" será condecorado coa Medalla e a Insignia de Bronce ao Mérito Deportivo.

Ademais, a Deputación Provincial de Pontevedra, na categoría de institucións, terá un recoñecemento especial pola súa implicación co balonmán (Mundial Júnior Masculino, que se celebrará en Vigo e Pontevedra no mes de xullo). Por último sinalar que, en medios de comunicación, o Diario de Pontevedra recibirá a Medalla e Insignia de Bronce ao Mérito Deportivo.


0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.