Federación Galega de Balonmán
05/24/2019 at 21:12
Head

MAÑÁ COMEZAN AS FASES FINAIS DA COPA FEDERACIÓN EN CATEGORÍA XUVENIL MASCULINA E CADETE FEMININA

Esta fin de semana terán lugar as Copas Federación das categorías Xuvenil Masculina e Cadete Feminina, que se celebrarán entre o sábado 25 e o domingo 26, en Tui e Pontevedra respectivamente.

O BM Tui recibirá como equipo anfitrión no Pavillón Novo de Tui ó Laber Xiria, ó que se enfrontarán ás 12:30 na segunda semifinal. A primeira disputarana o Club. Cisne Bm. Colegio Los Sauces e o Seis do Nadal ás 10:30h. Os vencedores de ámbolos dous partidos xogarán o domingo a final ás 12:30 para determinar qué equipo será o novo campión de copa.

Pola outra banda, a SD. Teucro Clínica Veteri saúde acollerá na súa casa, o  Pavillón Multiusos da Xunqueira, os equipos Veteris Asmúbal Meaño, SAR Ledisson e Gráficas Lasa Carballal. Na primeira semifinal das 10:00 competirán estes dous últimos pola primeira praza en liza e xa as 12:00 as anfitrioas enfrontaranse ó Meaño pola outra praza da final. O domingo ás 12h os dous equipos gañadores competirán para coñecer as campioas finais da copa.

0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.