Federación Galega de Balonmán
07/12/2018 at 22:03
Head

Galicia, cunha gran defensa, vence á Republica Dominicana en Bueu

Segundo partido e segunda vitoria para Galicia fronte á República Dominicana. O partido celebrouse hoxe na localidade de Bueu, cunha moi boa entrada.

O partido foi dominado de principio a fin polo combinado galego, no que os porteiros estiveron a un espectacular nivel. No primeiro período a portería foi defendida por Adrián Boullosa e no segundo por Jorge Villamarín.

No primeiro tempo a defensa  do equipo de Quique Domínguez (5-1), provocou moitos problemas ao equipo dominicano, comandado desde o banco polo gran Rolando Uríos. Esta defensa presionante veuse reflictida en numerosas perdas de balón na súa circulación en ataque posicional. As continuas rotacións no bando galego permitiron manter en todo momento a intensidade e a diferenza no marcador ata o final. Só mediada a segunda metade  houbo un achegamento no marcador propiciado por un par de perdas de balón dos galegos, pero en ningún caso fixeron temer pola vitoria.

No plano golpeador destacaron, unha vez máis, Manu Martínez ( Acanor Novás) por parte galega e Maicol Bera pola República Dominicana, ambos con 6 goles. 


0 Like

Like
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.