Federación Galega de Balonmán
07/06/2018 at 16:58
Head

As seleccións galegas xuvenís de balonmán praia, no primeiro Campionato de España

Galicia participará esta fin de semana no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Xuvenís de Balonmán Praia, que se celebrará en Getafe.

A selección galega xuvenil masculina enfrontarase no Campionato de España ás seleccións de Madrid, Murcia e Cantabria. Sen ningunha dúbida, os madrileños parten como favoritos de grupo, non só por ser os locais, senón por ter varios xogadores no equipo nacional. No outro grupo atópanse os equipos de Cataluña, Castela a Mancha, Asturias e Aragón. Aquí, os cataláns parecen os  favoritos.

Convocatoria masculina

·          PTV: José Leiras Estévez, Daniel López Mora

·         Zas en toda la boca xuvenil: Antón Rivas Román, Xurxo Rivas Lago.

·         Painkillers: Martín Gallo Rodríguez, Yago Santomé

·         Bm.P. Pescados: Rubén Fernández Domínguez.

·         Veba: Óscar Otero Andrade.

·         CremossoTeam: Cristian Remeseiro Rosete.

Lavadores Petanca:Rökkvi Pacheco Steinunnarson.

Seleccionadores:  Alejandro Ocampo e Iago González      

Pola súa banda, a selección xuvenil feminina, dirixida por Erika Franco e Cecilia Cacheda, tratará de superar no seu grupo do Campionato de España a Murcia e Cataluña. Non será un grupo sinxelo, xa que Cataluña parte coma unha das favoritas para loitar polas medallas.

Convocatoria feminina

·         VEBA Water: Begoña Otero Rodríguez, Andrea Fernández Loureiro, María Álvarez Dopazo, Lara González Otero, Marta Groba Muñoz.

·         AC KalóPainkillers:Uxía Ferreira Monroy, Fátima Fernández González.

·         BMP Pescados: Aitana Santomé Santos, María Lidia Portela Cancelas.

·         Y.A.- Cremosos Team:Laura Raimundez Sousa.

·         QCP!Resaconas: Raquel Santos Vega.

Seleccionadoras:Erika Franco e Cecilia Cacheda


Name Size Date
Look SSTT PLAYA 2018 MADRID.pdf 469.79 KB 07/06/2018
Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.