Federación Galega de Balonmán
06/12/2017 at 10:38
Head

Circuítos Galicia Asmubal Meaño, campión da Copa Federación Xuvenil Feminina

Circuítos Galicia Asmubal Meaño proclamouse campión da Copa Federación Xuvenil Feminina ao vencer na final disputada en Vigo ao Seis do Nadal (25-21).

Precisamente o pasado ano ambos equipos protagonizaron esta mesma final, pero naquela ocasión resultou gañador o conxunto vigués.

As semifinais celebráronse o sábado (Pavillón de Coia) con triunfos claros por parte dos finalistas. O Meaño superou ao BM Tui de forma moi rotunda (39-10), mentres que o Seis do Nadal venceu ao Mecalia Atlético Guardés por 36-25.

A final e a loita polo terceiro posto disputáronse o domingo 11 de xuño no pavillón das Travesas. O terceiro clasificado foi o Mecalia Guardés, que superou ao BM Tui (17-28), e na final as rapazas do Meaño fixeron un gran partido e lograron a vitoria contra o Seis do Nadal.


Noraboa a todas!!

 

Follow all of the competition's information on your iPhone or Android phone

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.