Federación Galega de Balonmán
21/06/2019 22:51

AITANA SANTOMÉ DISPUTARÁ O TORNEO CATRO NACIÓNS E O CAMPIONATO DE EUROPA COAS GUERREIRAS JUNIOR

Aitana Santomé xogadora do Bm Porriño, forma parte da lista definitiva das Guerreiras Junior que disputarán este verán o Torneo Catro Nacións en Portugal e o Campionato de Europa en Hungría.  Antes das citas, o conxunto nacional, realizará unha serie de adestramentos no Pavillón Exterior CSD de Madrid, e no Pavillón Municipal David Santamaría de Guadalaxara.  A disputa do torneo terá lugar no Portimao Area de Portugal os días 5, 6 e 7 de xullo, e pola outra banda a cita europea en Györ (Hungría) celebrarase do 11 ao 21 de xullo.  Un… Siehe mehr

Siehe
Federación Galega de Balonmán
12/06/2019 15:42

ROBERTO CASTRO PARTICIPARÁ NAS XORNADAS DE TECNIFICACIÓN DA RFEBM

Roberto Castro, do Balonmán Porriño, foi convocado pola área técnica da Real Federación Española de Balonmán, para participar nas xornadas de tecnificación de xogadores nados no ano 2005. Os xogadores deberán presentarse na Estación de Atocha o día 13 de xullo (ás 13:00 horas) e dende aí partirán en autobús cara a Burgos, onde se celebrará a concentración ata o día 18 de xullo na Residencia Universitaria Camino de Santiago. Moita sorte Roberto!

Siehe
0 Wie

Wie
Federación Galega de Balonmán
03/06/2019 09:30

BALONMÁN PABELLÓN OURENSE, CAMPIÓN DA COPA FEDERACIÓN XUVENIL FEMININA E DA MASCULINA DO GRUPO SUR

Fin de semana perfecto para o Balonmán Pabellón Ourense na súa categoría xuvenil. O equipo feminino logrou proclamarse campión da Copa Federación de División de Honra, mentres que o masculino logrou a vitoria na final da Copa Federación da Segunda Autonómica Grupo Sur. Esta fin de semana celebráronse en Ourense as fases finais da Copa Federación Xuvenil Feminina e Masculina, que reunían na cita aos conxuntos do Pabellón Ourense, BM Lalín, BM Porriño, Atl. Guardés e UB Lavadores. Na categoría feminina, o sábado celebrouse a semifinal… Siehe mehr

Siehe
Federación Galega de Balonmán
25/05/2019 10:25

BM Porriño B, novo equipo de DHPF

Falamos con Ana Alonso e Alicia Campo, xogadoras do BM Porriño B, que nos contan a súa experiencia na fase de ascenso a segunda categoría do balonmán español.

Siehe
Federación Galega de Balonmán
23/05/2019 09:10

HOXE DAN COMEZO OS SECTORES ESTATÁIS INFANTÍS, CO AD CARBALLAL FEMININO COMO ÚNICO ANFITRIÓN GALEGO

Os días 23, 24, 25 e 26 de Maio os representantes galegos na categoría infantil, loitarán por facerse un oco entre os oito mellores conxuntos de España.  Na categoría feminina poderemos gozar dun dos sectores con presenza galega na casa. O Sector A organizado pola AD Carballal, como campioa galega, estará dividido en dous grupos. As anfitrioas, encadradas no grupo I, enfrontarase ao CD Vallecas e ao Uribe Urduliz E.  O Grupo II estará formado polo BM Zamora ademais do Oviedo BF CTD. O Domingo os campións de cada grupo xogarán entre sí… Siehe mehr

Siehe
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.