Federación Galega de Balonmán
13/06/2019 an 14:35
Kopfzeile

ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O CAMPIONATO GALEGO DE BALONMÁN PRAIA CO TORNEO DE BAIONA

Esta fin de semana (do 14 ao 16 de xuño) celebrarase o Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.


Serán tres días de competición nos catro campos dispostos na praia de Ladeira e con 70 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia. Así neste primeiro torneo competirán os campións galegos do pasado ano (como o PTV HandStrand ou Veba Waterfuckers sénior), e iso a pesar de que o curso escolar aínda non rematou, o que afecta á participación das categorías menores. Desta forma, a  categoría con máis participantes será a sénior con 16 equipos na masculina e 7, na feminina.


A de Baiona será a primeira proba do Campionato Galego, que está formado por cinco torneos clasificatorios (Baiona, O Grove, Bueu. A Guarda e Moaña) e a gran final, que se celebrará na praia de Samil en Vigo do 19 ao 21 de xullo. Para poder clasificarse para a fase final, os participantes deberán participar nun mínimo de tres torneos do Galego. A proba de Bueu forma parte do Circuíto 1.000 de Balonmán Praia, polo que tamén poderemos gozar cos mellores equipos españois.


Un ano máis o balonmán praia volverá amosar a súa espectacularidade nos areais da nosa terra e os seguidores poderán gozar dunha especialidade que crece ano a ano tanto en practicantes como en afección.


Ano 2018. Veba Waterfuckers feminino e PTV HandStrand masculino proclamáronse o pasado ano campións galegos de balonmán praia na categoría sénior. A fase final celebrouse na praia Banda do Río de Bueu.


Name Größe Datum
Siehe MODELO CALENDARIO DEFINITIVO.pdf 148.98 KB 13/06/2019
Siehe GRUPOS BAIONA DEFINITIVOS.pdf 97.28 KB 13/06/2019
0 Wie

Wie
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.