Federación Galega de Balonmán
11/05/2017 an 17:56
Kopfzeile

Presentación da Fase de Ascenso á 1ª División Nacional Masculina de Ribadavia

O Pavillón Municipal de Ribadavia acollerá do día 12 ao 14 de maio a Fase de Ascenso a 1ª División Nacional masculina de Balonmán. A presentación da competición tivo lugar esta mañá no Pazo dos Deportes “Paco Paz”, acto no que participou o deputado provincial, Manuel Doval; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, José Manuel Pérez; o presidente da ADC Ribeiro, José Luis Sánchez; o alcalde de Ribadavia, Jose Ignacio Gómez; o xogador do equipo, Rodrigo Touza; e o adestrador do equipo, David Vázquez.

O deputado provincial dixo que o ascenso do equipo Carnes do Ribeiro a primeira División Nacional suporía “levar o nome do Ribeiro por todo o territorio nacional a través do deporte”.

A competición comezará o venres, 12 de maio, ás 18.00 horas, co partido entre o equipo Claret e o Bm.Alcobendas e, ás 20.00 horas, será a quenda para o Carnes do Ribeiro contra Bm. Rocasa. Ao día seguinte, 13 de maio, o primeiro partido da xornada comezará ás 18.00, protagonizado por Carnes do Ribeiro e Claret e, continuará ás 20.00 horas, o partido entre o Bm. Rocasa e Bm. Alcobendas. O domingo, 14 de maio, a xornada de competición dará comezo ás 10.30 horas, co partido que disputarán os equipos Claret e Bm. Rocasa e, por último, ás 12.30 horas, será a quenda para o Carnes do Ribeiro contra o Bm. Alcobendas.

O custo das entradas diarias será de 5 euros para ver os dous encontros de cada xornada ou de 12 euros dun bono para ver os seis partidos mentres que, para os socios dos clubs participantes, o acceso será gratuíto.

 

  Ascenso
0 Wie

Wie
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.