Federación Galega de Balonmán
05/01/2009 an 00:00

GALICIA EMPATA DE NOVO CON ARXENTINA

P>Galicia quedoulle a satisfacción de competir contra un inquilino do próximo Mundial, e a Arxentina o de saír airosa de dous partidos igualados en pista contraria. Este segundo encontro que se disputou no Pavillón dos Remedios de Ourense puido ter como vencedor ao combinado galego, pero na última defensa de balón os galegos deixaron chegar á súa portería sen oposición ao arxentino Simonet para que lograse o empate, actitude que lamentaba ao final o adestrador autonómico indicando que 'é un partido amigable, pero non pódese deixar tirar así porque a todo ou mundo lle gusta gañar'. BR> BR> BR>Iván Infestas levántase para buscar a portería arxentina. (Foto: Xesús Fariñas.)Dous partidos, dous empates e a sensación que a igualdade no marcador é, non como noutras moitas contendas deportivas, o fiel reflexo do equilibrio existente entre ambos os contendentes. BR> BR>Arxentina viviu na primeira metade do acerto do Kogovsek en ataque e do seu porteiro Pardales, e lastrouse coa apatía dun Eric Gull que reservou o seu talento e o seu látigo para outras ocasións. Na segunda nutriuse principalmente do canón no brazo esquerdo de Querín. BR> BR>No outro prato da balanza, Galicia apostou un xogo máis equilibrado, menos dependente e con máis entrega e ganas nas dúas metades do campo. Con Infetas e Dasilva con máis protagonismo en ataque pero con todos os compañeiros dando a cara. BR> BR>Suficiente para non perderlle nunca a cara ao partido nos 20 primeiros minutos e para telo na man nos dez últimos. Non foi así por dous erros puntuais no último minuto. Primeiro cunha falta en ataque a dez segundos do final e despois cunha incrible indolencia defensiva no último ataque albiceleste. Simonet entrou ata a cociña e todos contentos. BR> BR>FICHA TÉCNICA: BR> BR> BR>GALICIA: Díaz; Carreira (2,), Cedeño (2), Chema (1), Muiña, Cadrado, Infestas (5) -equipo inicial-. Sánchez (2), Sergio (3), Dasilva (5), Benaches (1), López (1), Varela (2), Fernando (1), Suso Soriño (1) e Jorge García. BR> BR>ARXENTINA: Pardales; Creviti, Simonet (3), Kogovsek (6), Cerro (1), Vidal (2), Ikuki (5) -equipo inicial-. Gull, Víscovich (1), Caneta (1), Castro (2), Fernández (1), Miguelez, Torres (3), Pizarro (1) García e Schulz. BR> BR>PARCIAIS: 1-2, 2-3, 4-5, 6-7, 9-9, 12-13 (descanso) 15-15, 17-18, 19-21, 20-22, 23-24 e 26-26 final. BR> BR>ARBITROS: Pérez e Rodríguez. BR> BR>( La Región ) /P>
0 Wie

Wie
Folgen Sie allen Informationen des Wettbewerbs auf Ihrem iPhone oder Android

Ihr Browser war nicht in der Lage, alle Ressourcen unserer Website zu laden, es ist möglich, dass sie durch eine Firewall, einen Proxy, eine Ergänzung oder die Konfiguration Ihres Browsers blockiert wurden.

Sie können versuchen, Strg + F5 oder Strg + Umschalt + R zu drücken, um Ihren Browser zu zwingen, erneut zu versuchen, sie herunterzuladen, oder, falls dies nicht funktioniert, einen anderen Browser zu benutzen oder Ihren Systemadministrator oder Internet-Provider zu kontaktieren, um dieses Problem zu lösen.