Federación Galega de Balonmán
28/11/2018 20:34

Chapela, sede da sesión preparatoria da preselección cadete masculina

Chapela acollerá a sesión de traballo da preselección galega cadete masculina, que se celebrará o día 2 de decembro ás 18:00 horas no  pavillón municipal. Este adestramento forma parte da preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará a comezos de xaneiro de 2019 en Valladolid. No documento adxunto tedes a convocatoria.

Veure
Federación Galega de Balonmán
14/11/2018 12:38

Adestramento da preselección galega cadete masculina en Redondela

A preselección galega cadete masculina tamén continúa co traballo de preparación cara ao Campionato de España. Desta forma, terán unha sesión de traballo o domingo 18 de novembro, ás 18:30 horas, no Pavillón Municipal de Redondela (“Bombonera”). Nos documentos adxuntos tedes a convocatoria e o arquivo "protección datos imaxes" para que se entreguen aos deportistas e que o leven asinados polos pais/nais.

Veure
Federación Galega de Balonmán
05/08/2018 18:19

VEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO

Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España. Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara… Veure més

Veure
Federación Galega de Balonmán
03/06/2017 20:54

Seis do Nadal, cuarto no Campionato de España Cadete Masculino

O Seis do Nadal caeu hoxe na loita pola terceira posición do Campionato de España Cadete Masculino ante o Barcelona Lassa e rematou así nunha digna cuarta posición.. O conxunto vigués aguantou a ritmo durante a primeira metade, pero se desfondou na segunda, despois do tremendo esforzo realizado durante o Campionato, no que logrou meterse nas semifinais xunto a tres conxuntos cataláns.   Noraboa para toda a familia do Seis do Nadal!  

Veure
Federación Galega de Balonmán
02/06/2017 20:14

Seis do Nadal, na semifinal do Campionato de España Cadete Masculino

O Seis do Nadal deu a sorpresa e logrou clasificarse para a semifinal do Campionato de España Cadete Masculino, tras lograr o empate contra o Barcelona Lassa A. O conxunto vigués, trala victoria da segunda xornada, chegaba con opcións a este último partido e non as desaproveitou. E máis, despois de saber que o Barcelona B perdera o partido contra o Córdoba. Desta forma, un empate podería servir aos galegos, que non desaproveitaron a opción e finalmente lograron un empate (29-29). A semifinal será mañá contra o Granollers. Noraboa equipo!!!!

Veure
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.