Federación Galega de Balonmán
19/06/2019 15:03

Balonmán de Preto: Vanesa Pérez

Vanesa Pérez (xogadora e árbitra) descubriu a súa verdadeira paixón no balonmán praia, onde acadou a internacionalidade en 2008. A viguesa asegura que na praia hai un ambiente diferente e que @s á[email protected] séntense tamén parte do espectáculo. Queres coñecela mellor? Vanesa Pérez, a xefa da praia.

Veure
Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 14:31

ZAS MASCULINO E VEBA WATERFUKERS FEMININO, CAMPIÓNS SÉNIOR DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

ZAS masculino e Veba WaterFuckers feminino proclamáronse hoxe campións sénior do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, na que participaron un total de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina). Na categoría sénior masculina acadou o triunfo o ZAS de Vigo, tras superar na final nos shoot out  a un dos grandes favoritos, o PTV Handstrand, que comezou gañando o primeiro set. Pero o ZAS remontou e venceu nun axustadísimo segundo… Veure més

Veure
0 M'agrada · 0 Comentaris

M'agrada Comentar
Federación Galega de Balonmán
05/08/2018 14:19

VEBA OS DA JRADA, SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE BALONMÁN PRAIA CADETE MASCULINO

Espectacular campionato o desenvolvido por Veba os da Jrada na categoría cadete masculino que o levou a proclamarse subcampión de España, nunha final moi emocionante na que os galegos tiveron as súas opcións de gañar. Ao final, nos shoot-outs, venceu o conxunto catalán Harresi Kaigan, que logrou o título de campión de España. Foi unha final atípica sen ningún equipo andaluz en liza, na que os galegos deron a sorpresa para plantarse na final tras unha moi boa competición. Na final, Os da Jrada gañaron no primeiro set de forma clara… Veure més

Veure
Federación Galega de Balonmán
06/07/2018 12:58

As seleccións galegas xuvenís de balonmán praia, no primeiro Campionato de España

Galicia participará esta fin de semana no primeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas Xuvenís de Balonmán Praia, que se celebrará en Getafe. A selección galega xuvenil masculina enfrontarase no Campionato de España ás seleccións de Madrid, Murcia e Cantabria. Sen ningunha dúbida, os madrileños parten como favoritos de grupo, non só por ser os locais, senón por ter varios xogadores no equipo nacional. No outro grupo atópanse os equipos de Cataluña, Castela a Mancha, Asturias e Aragón. Aquí, os cataláns parecen os … Veure més

Veure
Federación Galega de Balonmán
06/07/2018 04:37

Esta fin de semana, Torneo Concello de Marín de balonmán praia

Esta fin de semana celebrarase na praia de Loira o Torneo Marín Arena 500, de balonmán praia, que pertence ao circuíto nacional e é puntuabel para o Campionato Galego 2018. Neste torneo participarán un total de 46 equipos das categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculino e feminino). Unha nova oportunidade para gozar con este grande espectáculo! Nos documentos adxuntos tedes os grupos e o calendario de toda a fin de semana.

Veure
0 M'agrada · 0 Comentaris

M'agrada Comentar
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android
Contactar amb l'organitzador
Enviar missatge

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.