Federación Galega de Balonmán
16/06/2019 a les 18:31
Capçalera

ZAS MASCULINO E VEBA WATERFUKERS FEMININO, CAMPIÓNS SÉNIOR DO TORNEO DE BAIONA DE BALONMÁN PRAIA

ZAS masculino e Veba WaterFuckers feminino proclamáronse hoxe campións sénior do Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, na que participaron un total de 70 equipos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina).


Na categoría sénior masculina acadou o triunfo o ZAS de Vigo, tras superar na final nos shoot out  a un dos grandes favoritos, o PTV Handstrand, que comezou gañando o primeiro set. Pero o ZAS remontou e venceu nun axustadísimo segundo parcial e todo se decidiu no gol de ouro. Ademais o terceiro posto foi para SH Ramal dos Galos. Na proba feminina, venceu o Veba WaterFuckers, que gañou neste último choque ao AC Kalo Painkillers con certa facilidade (20-12; 18-16). Na loita polo terceiro posto en Baiona, triunfo para as Espartanas, que gañaron ao Merengue Cremosso tamén nun axustado choque que tivo que ir aos shoot out. Na categoría xuvenil, triunfos de AC Kaló Painkillers (feminino) e Veba Pala (masculina).

A continuación tedes a clasificación en todas as categorías:

Alevín:

1. BM Cangas A

2. Marmolería Otero PK

3. Autoescuela Racing PK


Cadete feminino:

1. BMP Pescados

2. Veba Water

3. Merengue Cremosso Team SAR


Cadete masculino:

1. PTV HandStrand

2. Cremosso Team A

3. Luceros


Infantil feminino:

1. Merengue Cremosso Team B

2. Veba Water

3. Espartanas SAR A


Infantil masculino:

1. SH

2. Veba Os da Jrada

3. CBMP 361


Xuvenil feminino:

1. AC Kaló Painkillers

2. Molubesa Area Bueu

3. BMP Pescados


Xuvenil masculino:

1. Veba Pala

2. Veba Pico

3. CBMP PK


Sénior feminino:

1. Veba WaterFuckers 

2. AC Kalo Painkillers

3. Espartanas


Senior masculino:

1. ZAS

2. PTV HandStrand

3. SH Ramal dos Galos


A de Baiona é a primeira proba do Campionato Galego de Balonmán Praia 2019, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. O Galego está formado por cinco torneos clasificatorios (Baiona, O Grove, Bueu. A Guarda e Moaña) e a gran final, que se celebrará na praia de Samil en Vigo do 19 ao 21 de xullo. Para poder clasificarse para a fase final, os participantes deberán participar nun mínimo de tres torneos do Galego. A proba de Bueu forma parte do Circuíto 1.000 de Balonmán Praia, polo que tamén poderemos gozar cos mellores equipos españois.



Nom Mida Data
Veure RESULTADOS TORNEO DE BAIONA.xlsx 524,25 KB 16/06/2019
Segueix tota la informació de la competició al teu mòbil iPhone o Android

El seu navegador no ha estat capaç de carregar tots els recursos de la nostra web, és possible que hagin estat bloquejats per un firewall, un proxy, algun complement o la configuració del seu navegador.

Pot provar a prémer Ctrl + F5 o Ctrl + Shift + R per a forçar al seu navegador a intentar descarregar-los un altre cop, o si això no funciona, a utilitzar un altre navegador o contactar amb l'administrador del sistema o proveïdor d'Internet per solucionar aquest problema.